Parlamento de Navarra acorda investir en FIARE

A Comisión de Asuntos Sociais insta ao Executivo a apoiar os produtos de Fiare. A Comisión de Asuntos Sociais, Familia, Mocidade e Deporte aprobou onte por unanimidade de todos os grupos parlamentarios unha resolución pola que se insta ao Goberno de Navarra a "realizar un investimento socialmente responsable de parte dos seus depósitos en calquera dos produtos da Banca Ética Fiare".

Inauguración de Panxea e próximo traslado de O Peto

O pasado venres, tivo lugar a festa da inauguración da nova tenda e local social de Panxea en Compostela. Tivemos unha degustación de productos de Comercio Xusto e unha fantástica actuación do Coro da Rá.

Algúns dos socios e socias de O Peto estivemos alí partillando este momento de ledicia e mirando o noso novo local de reunións e xuntanzas, en principio o día 15 faremos o traslado definitivo desde o CTC (Centro de Traballo e Cultura) ao novo local de Panxea.

Aumenta a brecha entre ricos e pobres en América Latina

América Latina e o Caribe é o continente máis urbanizado do mundo. Catro de cada cinco latinoamericanos viven en centros urbanos na rexión, pero non todos teñen acceso a servizos básicos.

Segundo o informe "Estado das Cidades de América Latina e o Caribe", presentado no V Foro Urbano Mundial, levado a cabo en Rio de Janeiro, Brasil, do 22 ao 26 de marzo, "desde mediados do século XX, América Latina e o Caribe pasou de ser unha rexión predominantemente rural a converterse nun territorio onde a maioría da poboación vive en asentamentos considerados estatisticamente urbanos".

Medidas sociais para as economías locais

Tatiana Félix en Altermundo (www.altermundo.org)

Palma, Maracanã, Castanha, Cocal, Guará, Girasol, Pirapire, Tupi. A lista con variados nomes esténdese a máis de corenta moedas sociais que circulan en barrios ou pequenas cidades brasileiras onde existen bancos comunitarios, creados para fortalecer a economía de comunidades carenciadas.

A Unión Europea continúa refén dos mercados financeiros

por Miguel Otero - Comisión Xustiza Global Fiscal España Attac.  En maio de 2008, en medio da crise do subprime, e seis meses antes do colapso do banco de investimento Lehman Brothers e da resultante do terremoto financeiro, gr

Taibo: "O decrecemento é o futuro se queremos facer fronte a esta senrazón"

F. Franco (Faro de Vigo / Altermundo).   O decrecemento é o futuro necesario se queremos facer fronte a este despropósito que alaga o noso presente planetario, que se nos vai das mans se non facemos un auténtico cambio de valores. Esa idea expresou onte no Club FARO o catedrático de Ciencia Política, Carlos Taibo, cuxa charla aludía no seu título precisamente a iso: "En defensa do decrecemento".

21 de Marzo MANIFESTACIÓN contra a destrución do territorio GNSV

Manifestación Galiza Non Se Vende

Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Curso de formación: “Consecuencias do capitalismo: crise global e alternativas”

xornada de formación o sábado 13 de marzo en Sargadelos, Compostela:   Consecuencias do capitalismo: crise global e alternativas”,   por Luis González Reyes, coordinador de Ecologistas en Acción – Madrid.

O horario podería ser o seguinte: 10,30 – 13,30 h. e 16,30 – 20 h.

27 e 28 de Febreiro: Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info

 

Programa