
Marzo 2010
Taibo: "O decrecemento é o futuro se queremos facer fronte a esta senrazón"
F. Franco (Faro de Vigo / Altermundo). O decrecemento é o futuro necesario se queremos facer fronte a este despropósito que alaga o noso presente planetario, que se nos vai das mans se non facemos un auténtico cambio de valores. Esa idea expresou onte no Club FARO o catedrático de Ciencia Política, Carlos Taibo, cuxa charla aludía no seu título precisamente a iso: "En defensa do decrecemento".
A lista de multimillonarios de Forbes amosa que a crise foi para os pobres
Vlad Grinkevich RIA Novosti (recollido en www.rebelion.org)
21 de Marzo MANIFESTACIÓN contra a destrución do territorio GNSV
Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.
Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















