Maio 2010

Sobre o programa de ajuste dos 'socialistas' espanhóis

Diario LiberdadeCarlos Taibo

1. O programa de ajuste que o Governo espanhol acabou por acatar é umha prova evidente de que a situaçom da economia do país era muito pior que a que retratavam frivolamente, os discursos oficiais.

A corrupción e a trampa da pobreza no Terceiro Mundo

Walden Bello  Foreign Policy In Focus.   O asunto da corrupción resoa nos países en desenvolvemento. Nas Filipinas, por exemplo, a consigna da coalición que verosímilmente gañará as eleccións presidenciais de 2010 é: "Sen funcionarios corruptos, non hai pobres".

Parlamento de Navarra acorda investir en FIARE

A Comisión de Asuntos Sociais insta ao Executivo a apoiar os produtos de Fiare. A Comisión de Asuntos Sociais, Familia, Mocidade e Deporte aprobou onte por unanimidade de todos os grupos parlamentarios unha resolución pola que se insta ao Goberno de Navarra a "realizar un investimento socialmente responsable de parte dos seus depósitos en calquera dos produtos da Banca Ética Fiare".

Inauguración de Panxea e próximo traslado de O Peto

O pasado venres, tivo lugar a festa da inauguración da nova tenda e local social de Panxea en Compostela. Tivemos unha degustación de productos de Comercio Xusto e unha fantástica actuación do Coro da Rá.

Algúns dos socios e socias de O Peto estivemos alí partillando este momento de ledicia e mirando o noso novo local de reunións e xuntanzas, en principio o día 15 faremos o traslado definitivo desde o CTC (Centro de Traballo e Cultura) ao novo local de Panxea.

Aumenta a brecha entre ricos e pobres en América Latina

América Latina e o Caribe é o continente máis urbanizado do mundo. Catro de cada cinco latinoamericanos viven en centros urbanos na rexión, pero non todos teñen acceso a servizos básicos.

Segundo o informe "Estado das Cidades de América Latina e o Caribe", presentado no V Foro Urbano Mundial, levado a cabo en Rio de Janeiro, Brasil, do 22 ao 26 de marzo, "desde mediados do século XX, América Latina e o Caribe pasou de ser unha rexión predominantemente rural a converterse nun territorio onde a maioría da poboación vive en asentamentos considerados estatisticamente urbanos".