Xuño 2010

A FIFA segue a comprar balóns de fútbol feitos por escravos

 MARGA TOJO.- Move miles de millóns ao día pero, trece anos despois do Acordo de Atlanta para limpar o sector, toleran a explotación dos que cosen as pelotas.

Un dos negocios máis poderosos e lucrativos do mundo, o fútbol oficial, transnacional, continúa a manter na súa dinámica de xogo hipercapitalizado vulneracións sistemáticas dos dereitos humanos. Unha delas consiste na violación dos dereitos laborais das persoas que traballan na industria dos balón.

Cóntame outro mundo

Vídeo de REAS Aragón sobre un outro mundo... (análise e alternativas)

O fascismo financeiro

Boaventura de Sousa Santos. Hai doce anos publiquei, por convite do Dr. Mário Soares, un pequeno texto –Reinventar a Democracia– que, pola súa extrema actualidade, non resisto á tentación de evocar aquí. Nel considero eu que un dos sinais da crise da democracia é a emerxencia do fascismo social. Non se trata do regreso ao fascismo do século pasado. Non se trata dun réxime político, mais antes dun réxime social. En vez de sacrificar a democracia ás esixencias do capitalismo, promove unha versión empobrecida de democracia que torna des-necesario e mesmo inconveniente o sacrificio.