Xullo 2010

Cando os cartos mercan integridade

Artigo de Paul Craig. Admiro a Joseph E. Stiglitz, porque ten conciencia social e un sentido da xustiza cuxa ausencia converte aos economistas en monstros. A pesar das súas virtudes e do Premio Nobel, Stiglitz vén abaixo como economista. Os lectores do meu novo libro How The Economy Was Lost [Como se perdeu a economía], saberán que lle leo a cartilla pola función da produción, que desorienta seriamente a economía respecto da escaseza do capital da natureza.