Novembro 2015

Mesa entre 7H e O Peto en Unitaria (Compostela, 27 de novembro de 2015)

Desde Unitaria convidaron a falar a 7H da súa cooperativa de xestión cultural, e quixeron extender esa invitación tamén a nós, e falar conxuntamenta das posibilidades que ofrece a economía social e a banca ètica, contando un pouco a experiencia conxunta no nacemento da súa cooperativa.

7H é un dos proxectos que recurriron a O Peto en procura de axuda para o impulso inicial! E xa é unha realidade crecendo día a día!!!

Gran idea! e mellor tarde!

50 axudas concedidas na historia de AIS O Peto!

E continúa a nosa camiñada!

Ó longo deste ano 2015 firmamos a axuda número 50 da nosa historia!

Moitos proxectos pequenos facéndose realidade gracias ó compromiso de moitas persoas que creen e fan posible e real "outra economía"!!!

Non o penses máis! Faite soci@ de O Peto!!!

Informe sobre os beneficios da banca ética basado en datos dos últimos anos...

A Global Alliance for Banking on Values, rede á que pertence Fiare Banca Etica, publica un informe que, con datos dos últimos anos, mostra que hai beneficios e efectos positivos no tipo de banca que prima a transparencia, a economía social e solidaria, a sostibilidade...

http://www.elsalmoncontracorriente.es/?La-banca-etica-y-sostenible-es-mas

"Día mundial de mobilización polas Finanzas Éticas"

O xoves 22 de outubro, foi o día mundial de mobilización polas Finanzas Éticas convocado por Global Alliance for Banking on Values (GABV).

Esta alianza, constituída por unha rede de 27 entidades financeiras sostibles de todo o mundo da que Banca Popolare Etica (Banca Etica) forma parte, está inspirada no ben común e atópase formada por 30 mil persoas empregadas e 20 millóns de clientas e clientes.

Animádevos a facer ‪#‎finanzaséticas‬!!!

Aquí vos deixamos o vídeo de difusión deste gran día!!!

https://www.youtube.com/watch?v=Kg4wNwtACB8#action=share

Resumo primeiro semestre 2015 e celebración en Fiare Banca Ética

16 de outubro de 2015 Banca Etica soubo demostrar a súa singularidade no panorama bancario, inclusive no primeiro semestre de 2015, ao continuar usando os aforros que as persoas e as organizacións adican a apoiar os mellores proxectos no campo das empresas sociais, da protección do medio ambiente e da promoción da cultura. Estes resultados positivos son o froito dun compromiso coral das persoas que traballan en Banca Popolare Etica (Banca Etica), das persoas socias, dos/as clientes/as e impúlsannos a facer cada vez máis para compaxinar eficiencia, solidez, innovación e solidariedade.

http://www.fiarebancaetica.coop/blog/fiesta