
Ideario e obxectivos
O Noso ideario:
- Rotura progresiva coa xestión tradicional dos aforros e dos cartos, coa súa mentalidade e os seus hábitos.
- Contribuír ao abandono progresivo do lucro e especulación do sistema financeiro.
- Xestión pola sociedade dos seus propios recursos contribuíndo á mellor redistribución dos mesmos, á pedagoxía da solidariedade e á participación sociopolítica.
- Facer do traballo o medio e obxectivo central de todo préstamo e doutras situacións nas que as condicións materiais condicionan a liberdade e o benestar das/os solicitantes.
- Atender ás necesidades das persoas xurídicas, que valorando positivamente o seu valor social, para que poidan serguir servindo á constucción dunha sociedade máis xusta.
- Promover unha formación integral das persoas fomentando os valores de xustiza e solidariedade, que favorezan un cambio de valores nas nosas vidas, para así transformar a sociedade.
Os nosos obxectivos:
- Achegar financiamento a aquelas persoas que teñen propostas viábeis de autoemprego, pero que non teñen acceso ao sistema financeiro, caixas e bancos, ao carecer de quen os avale. Así como, outras realidades nas que as condicións materiais dunha existencia digna non estean garantidas e haxa posibilidades de devolución dos cartos nun tempo asumíbel; adianto de subvencións de estudos, de emerxencia, de vivenda, etc…
- Achegar financiamento a aquelas persoas xurídicas que precisen unha inxección económica para poder seguir desenvolvendo as súas actividades (avaliadas como socialmente positivas); adianto de subvencións, etc…
- Crear as canles que permitan a participación activa e o traballo coordinado de quen está interesada/o nos múltiples aspectos da economía alternativa e solidaria.
- Por en marcha os medios necesarios que faciliten a participación e/ou investimento de quen busca criterios éticos e unha rendibilidade social ao seu diñeiro.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















