A Rede Anticapitalista no Día da Loita Labrega

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /usr/home/opeto/www/modules/views/views.module on line 843.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_display::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/plugins/views_plugin_display.inc on line 1877.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_display_page::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/plugins/views_plugin_display_page.inc on line 481.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_display_block::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/plugins/views_plugin_display_block.inc on line 193.
  • strict warning: Declaration of views_handler_argument::init() should be compatible with views_handler::init(&$view, $options) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_argument.inc on line 745.
  • strict warning: Declaration of views_handler_argument_broken::ui_name() should be compatible with views_handler::ui_name($short = false) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_argument.inc on line 770.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort_broken::ui_name() should be compatible with views_handler::ui_name($short = false) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 82.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 585.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 585.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_broken::ui_name() should be compatible with views_handler::ui_name($short = false) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 609.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_boolean_operator::value_validate() should be compatible with views_handler_filter::value_validate($form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter_boolean_operator.inc on line 128.

A Ra! e a Plataforma Galega Antitransxénicos convocan aos movementos sociais e á cidadanía galega a un acto hoxe, venres 17/04/2009, na Praza Roxa de Santiago ás 17:30. Con motivo do Día da Loita Labrega: Escenificación do Enterro da Agricultura e Procesión-Manifestación cara a Carrefour. Prégase asistir de rigoroso loito.

O 17 de abril foi declarado pola Vía Campesina desde 1996 como o ‘Día Internacional da Loita Labrega’ coma homenaxe a 19 campesiñ@s do ‘Movemento Sen Terra’ asasinad@s –e máis de 60 ferid@s– pola policía brasileira en Eldorado dos Carajás (Brasil), durante unha mobilización na que 1500 familias sen terra esixían a entrega dun latifundio (que non estaba en produción) para traballar e producir alimentos. Até o día de hoxe ningún dos responsábeis foi condenado. +INFO.

COA TÚA ALIMENTACIÓN, ENFRÍAS OU QUECES O PLANETA?

> Cantos milleiros de quilómetros viaxaron os alimentos que consomes?
> Canto petróleo queimaron polo camiño ou levan no seu envase?
> A agroindustria é unha das principais fontes de mudanza climática
> A agroecoloxía enfría o planeta

DECIDES O QUE COMES?

> Sabes se consomes transxénicos?
> Sabes se os teus alimentos levan tóxicos?
> Canto do que pagas vai parar á/ao labreg@?
> O consumo de alimentos locais, directos d@ produtor(a), de cooperativa ou pequeno comercio xera emprego e riqueza local e fai posíbel un rural vivo

PETROALIMENTOS E ALIMENTOS VIAXEIROS

Os alimentos industriais consomen grandes cantidades de petróleo (en forma de abonos, pesticidas, transporte e envasado). A agroindustria é responsábel de entre 17 e 32% das emisións de mudanza climática. O petróleo é causa de guerras e destrución ambiental.

TRANSXÉNICOS E TÓXICOS NA TÚA MESA

Na alimentación industrial é cada vez maior a presenza de compoñentes transxénicos e tóxicos. A nosa alimentación é cada vez menos saudábel.

AS GRANDES SUPERFICIES DOMINAN O MERCADO

No Estado español máis do 80% dos alimentos son mercados en súper e hipermercados. Cinco grandes superficies –Carrefour, Mercadona, Eroski, Auchan e El Corte Inglés– e dúas centrais de compra –Euromadi e IFA– controlan máis do 75% do mercado. En Galiza 3 empresas –Gadisa, Eroski e Carrefour– controlan preto do 65%. Verduras e hortalizas poden multiplicar por 5 o seu prezo d@ produtor(a) á/ao consumidor(a).

O EXTERMINIO LABREGO DA PAC

A Política Agraria Común Europea (PAC), promove e apoia cos cartos dos nosos impostos este modelo de produción e de comercialización dos alimentos, esnaquizando e precarizando as economías labregas. Cada minuto desaparecen tres explotacións labregas na Unión Europea. No noso país tamén desaparecen moitas explotacións cada ano e o noso medio rural esmorece.
 

Tags: