Asemblea anual de AIS “O PETO”

A V Asemblea de AIS "O Peto" terá lugar o próximo sábado 12 de DECEMBRO ás 10h. da mañá nos locais parroquiais de Fontiñas

 Á Asemblea Xeral é moi interesante que veñades todos/as os/as socios/as xa que é o máximo órgano de goberno da nosa asociación, así como é un bo momento para encontrarnos todos/as, falar, consultar, propor e participar na toma de decisións.

A Orde do día da V Asemblea será a seguinte:

  1. Benvida e encontro de tódolos/as socios/as.
  2. Informe de socios e socias.
  3. Informe de contas.
  4. Informe de actividades.
  5. Informe das comisións: seguimento, FIARE, difusión, formación.Participación en FIARE GZ: propostas para a Xunta Directiva, participación
  6. Crecemento da asociación en “rede”: Carballiño, Pontevedra, Vigo… 
  1. Rogos e preguntas.
(Neste punto os/as socios/as que queiran propor algún tema, deberán informalo antes do inicio da asemblea ao enderezo postal ou ao mail da asociación ais_opeto@hotmail.com)
Sen outro particular e agardando a túa presenza, recibide unha fraternal aperta solidaria:
Raúl Asegurado Pérez