Brown e Sarkozy a punto para adherirse a Attac?

En Altermundo  Attac Galiza-. Gordon Brown, desde hai trece anos gardián da ortodoxia financeira no Reino unido, e Nicolás Sarkozy, o presidente máis á dereita que Francia xamais coñeza, deciden taxar o bonus dos banqueiros.

 Creriamos estar ante un guión de política-ficción. Gordon Brown, desde hai trece anos gardián da ortodoxia financeira no Reino unido, e Nicolás Sarkozy, o presidente máis á dereita que Francia xamais coñeza, deciden taxar o bonus dos banqueiros. Pronúncianse por unha tasación das transaccións financeiras, e os vinte e sete xefes europeos de Estado ou de goberno pídenlle ao FMI "examinar todas as opcións dispoñibles", incluída "unha taxa global sobre as transaccións financeiras".
 
E é que, -e eles sábeno- os posicionamentos dos nosos políticos quedaron orfos de defensa entre os discursos ocos sobre a "moralización" e a "regulación" do capitalismo, e a exasperación popular ante as novas marcas dos beneficios bancarios. Asustados da amplitude abisal dos déficit públicos provocados polo salvamento dos bancos e a recesión, e ante os crujidos que xa anuncian novas catástrofes (Dubai, Grecia), os nosos dirixentes interróganse: como facer aceptables para as poboacións, nestas condicións, as novas reducións dos gastos públicos?
 
Attac non pode máis que regocixarse da tasación anunciada para os bonus bancarios, e sobre todo polo auxe alcanzado co debate sobre a tasación das transaccións financeiras.
 
Con todo os verdadeiros responsables da crise financeira non son os traders: son os grosos accionistas dos bancos, quen lles fixaron obxectivos absurdos e insostibles de rendibilidade. É a remuneración dos accionistas (e de todos os moi ricos) aos que hai en prioridade que chegar a pór límite polo sistema de fiscalidade directa, se se lles quere retirar a tentación de pagar demasiado os seus traders.
 
O verdadeiro problema non está nos bonus, senón nos beneficios dos bancos, do conxunto da industria financeira e tamén das principais multinacionais. Por iso unha taxa Tobin sobre as transaccións financeiras é indispensable: permitiría disuadir as operacións máis especulativas, que levan a cabo en moi curto prazo e acudir a unha débeda forte, o chamado "efecto panca” . Reducindose así a inestabilidade das finanzas así como o seu poder social.
 
Permitiría atopar fondos para evitar o fracaso dramático que se perfila no horizonte, tanto para os obxectivos do Milenario para o desenvolvemento como para a loita contra o arrequecemento climático. Cun índice extremadamente moderado dun 0,1 %, a taxa produciría máis de 400 mil millóns de dólares ao ano. A Unión Europea pode implantala perfectamente sen os Estados Unidos, e iso aínda produciría 180 mil millóns.
 
Pero máis aló das palabras, fan falta actos. Pedimos a implantación por parte da Unión Europea dunha taxa sobre o conxunto das transaccións financeiras, incluído os produtos derivados, cun índice significativo. Pedimos a subida do índice marxinal do imposto directo ao 90 % -como o fixo Roosevelt- sobre as rendas máis elevadas. Entón, e soamente entón, estudariamos con atención a solicitude das adhesións de MM. Brown e Sarkozy.