Celebrouse a V Asemblea Xeral de AIS O Peto

Colgáronse no apartado de Últimas Novidades os documentos da V Asemblea Xeral de AIS "O Peto", e agardando aínda o envío da acta a todas as socias e socios, podemos extraer varios datos:

O número de socias e socios é de 109; e marcouse como obxectivo para o 2010 chegar aos 130. O número de préstamos concedidos son 14, e a contía total para préstamos ronda os 60.000 euros dos que hai investidos máis dos 3/4.