FIARE supera o millón de euros de capital social

O pasado 17 de Decembro celebrouse a Asemblea da Asociación Fiare Navarra onde presentáronse os resultados nos eidos territorial e tamén estatal de FIARE. Unha banca ética que aspira a convertirse nunha cooperativa de crédito que financie proxectos sociais e transformadores.

 

A banca ética fiare captou en Navarra xa 1,8 millóns de euros en depósitos e recolleu un capital social de 155.000 euros. Estas cifras sitúanse “por riba das expectativas” marcadas pola asociación Fiare Navarra, que intensificou as súas campañas durante o presente ejercicio.

 

O membro da asociación Fiare Navarra Jesús Blanco asegurou que a agrupación atópase bastente satisfeita coa captación de capital social conseguida, xa que a cifra marcada como obxectivo rondaba os 100.000 euros. A nivel estatal, conseguíronse recoller 1.150.000 euros , que representan a 310 organizacións e 600 persoas. O obxectivo para constituir unha cooperativa de crédito en 2011 sitúase en cinco millóns de euros. Os 1,84 millóns de euros en depósitos representan a 194 clientes e en todo o Reino de España esta cifra é de 17.482.323 euros que suponen 950 operacións.