I Curso de Economía Alternativa e Solidaria: Realidades e Proxectos

Recordámosvos que xa tendes colgado na web da USC o cartaz e o programa do “Curso de Economía Alternativa e Solidaria: realidades e proxectos” que PANXEA organiza coa Universidade de Santiago de Compostela para compartir a aprender entre todos e todas das alternativas que xa están a facer ese novo mundo que todos e todas soñamos.

Contaremos con persoas e organizacións de referencia en temas como as finanzas éticas, o comercio xusto, o consumo responsable, o cooperativismo, a agroecoloxía ou a pesca sostible, o software libre, bancos de tempo, mercadiños de troco, mercado social, …

Estarán entre outras, REAS-Red de Redes, O Peto, Fiare, Coop´57, Arqueixal, AMIPA, Mar de Lira, Lentura, Ítaca (software libre), AES Briante, Verdegaia, banco de tempo Fervello, o grupo de consumo A Landra, Solidariedade Internacional, Galeuros (moeda complementaria), …

O prazo de inscrición remata o día 9, pero aínda quedan prazas, así que non dubidedes en inscrivirvos neste enlace.

Agardámosvos os días 11 a 13 de novembro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC en Compostela para construir entre todas o presente e o futuro da economía que queremos.

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,