O "peto" de O PETO en continuo movemento!!!

 

Esta mesma semana de novembro AIS O Peto firmou e entregou unha nova axuda económica: este é o proxecto número 41 da súa historia!

Son moitas as persoas que se achegan a nós para presentarnos proxectos de moito valor e que só necesitan un empurrón económico inicial para levalos adiante. E por sorte seguimos crecendo as persoas que entendemos que o noso aforro pode consolidar un modelo de sociedade máis xusta, solidaria e humana. Isto forma a mistura perfecta de economía alternativa ante a actual situación de crise a todos os niveis.

Así que tócanos seguir coa nosa andaina... aínda hai moito por facer!