Panxea Soc. Coop. Galega

 PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.

O sábado 6 de febreiro, constituíuse como Cooperativa de Consumidores para continuar coa súa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearán o novo local na rúa da Rosa e ampliarán as actividades. Ademais, introducirán produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.

Para seguir a evolución desta nova etapa como para consultar os seus estatutos visitade a web de panxea www.panxea.org